Formación a profesionais
A metodoloxía de formación de Xoga é práctica, ofrecendo sempre profesora/es xorda/os ou a participación de persoas xordas nos seus cursos para que o alumnado teña un contacto coa comunidade e a realidade da comunidade con diversidade sensorial ao largo de toda a súa formación.
A formación tanto práctica como teórica da lingua de signos e a diversidade sensorial poderá adaptarse a grupos de traballadores sempre que así se solicite dende as empresas ou entidades, con cursos para profesionais de distintos ámbitos (sanitario, educativo, xudicial, turismo, comercio…). Neste caso as actividades adaptaranse ás necesidades do alumnado segundo as súas características profesionais.
Tamén ofrecemos formación específica para profesionais da diversidade sensorial como cursos de reciclaxe en lingua de signos, formación en distintos ámbitos (infancia, educación, consumo, sanidade, administración…) e xordocegueira, entre outros.