A organización
Xoga é una entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro, independente de partidos políticos, confesións relixiosas ou organizacións sindicais que se rexe polos principios democráticos, como ferramenta válida para a representación dos intereses das persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordocegas), das súas familias e profesionais en tódolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución para ofertar unha serie de servizos e actividades inclusivas ás persoas con diversidade sensorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Xoga nace no 1990 como entidade de carácter provincial para atender os intereses e necesidades das persoas xordas de Pontevedra. No ano 2015, ampliou o seu ámbito de traballo ás persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordocegas) para converterse nunha organización máis participativa, flexible e aberta a toda a sociedade, igualitaria á hora de defender os dereitos fundamentais, así como para conseguir mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas con diversidade sensorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para defender os dereitos das persoas con diversidade sensorial en toda a súa plenitude, no 2017 a Organización Xoga convértese en membro afiliado da Federación Española de Sordoceguera, (Fesoce).