Formación dirixida a persoas con diversidade sensorial

Ofertamos diferentes talleres dirixidos a persoas con diversidade sensorial para promover a súa independencia e mellorar a súa calidade de vida. Estas actividades sempre teñen en conta as necesidades das nosas usuarias  e usuarios e dos seus sistemas de comunicación sendo accesibles para todas/os. Impartimos formación a grupos individualizados nos casos que sexan precisos.

Entendemos que a inclusión das persoas debe comezar no contexto real de traballo e formación, por iso apostamos porque este tipo de accións teñan lugar nos propios espazos educativos, formativos e laborais.

O noso principal cometido neste campo é que sexan as entidades, centros educativos e de traballo os que fagan accións formativas inclusivas co obxectivo de normalizar a adaptación dos recursos formativos a tódalas persoas, independentemente de cales sexan as súas capacidades.

Nós ofrecemos os recursos para que as persoas con diversidade sensorial poidan formarse en igualdade de condicións.