Saúde e vida

Para persoas maiores de 55 anos. Está pensado para persoas xordas, con perda auditiva e xordocegueira; e contén actividades coma terapia auditiva, asesoramento, adaptación e manexo de audiófonos, mediación comunicativa, información sobre sistemas alternativos de comunicación distintos á lingua oral e formación en lingua de signos. Este programa tamén traballa a sensibilización e adaptación da xordeira e/ou perda auditiva para conseguir unha boa calidade de vida partindo da readaptación dos recursos persoais de cada individuo á diversidade sensorial .