Bucle magnético
O bucle de indución magnética é unha axuda técnica para as usuarias e usuarios de audiófonos e implantes cocleares. Consiste nunha instalación complementaria aos sistemas de sons nas salas (aulas, auditorios, cines, salóns de actos…) cuxa finalidade é enviar directamente o son ás persoas usuarias de audiófonos ou implantes para mellorar a calidade da súa escoita.
O bucle magnético transforma o sinal de audio nun campo magnético captado polos audífonos dotados de posición ‘T’ e permite mellorar a calidade do son recollido nun micrófono eliminando o ruído ambiente para que chegue aos dispositivos sen interferencias.
Xoga distribúe e aluga estes equipamentos de escoita asistida para audiófonos ou implantes cocleares que permiten a accesibilidade de todo o público á comunicación en espazos públicos.