Misión, visión e valores
A nosa misión consiste en representar e defender os intereses globais das persoas xordas, con perda auditiva, con xordocegueira, e tamén os das familias ante a sociedade, administracións e demais institucións, a través da sensibilización en favor das persoas con diversidade sensorial.
Dende Xoga, traballamos para previr a xordeira, a perda auditiva e xordocegueira, promovendo o diagnóstico precoz e a intervención prematura tanto a nivel sanitario, educativo e social; converténdonos nun referente no campo da diversidade sensorial.
Tamén orientamos e asesoramos ás persoas con diversidade sensorial, as súas familias, persoas físicas e xurídicas (entidades públicas ou privadas) con cuestións relacionadas coa Comunidade Sensorial e cos propósitos fundamentais de Xoga.
Mantemos contacto con toda clase de organismos, asociacións e institucións de carácter público ou privado que compartan fins comúns coa problemática da Comunidade Sensorial, colaboramos con eles en proxectos conxuntos, estudos, etc., e traballamos na busca de subvencións públicas e privadas para a realización de actividades, para o sostemento e bo funcionamento da nosa organización.
Xoga é unha entidade de utilidade pública que centra tódolos seus esforzos no beneficio de toda a sociedade.