Colabora

En Xoga toda a axuda e colaboración é recibida cos brazos abertos!!!!

Se estás interesada ou interesado en facerlle a vida máis doada e inclusiva ás persoas con diversidade sensorial, podes colaborar connosco de distintos xeitos tanto a nivel individual como profesional ou empresarial.

  • Asociado: Para ser asociado debes de ter máis de 14 anos, ter interese no desenvolvemento dos fins de Xoga e tamén formalizar unha petición escrita a través dun formulario específico onde se compromete a abonar a cota mensual, semestral ou anual, como cada quen prefira. Terás dereito a participar nas actividades que Xoga organice e descontos en cursos de formación e actividades que non sexan gratuítas.
  • Patrocinador: Podes formar parte da nosa rede de colaboradores doando parte ou a totalidade dos teus servizos á Organización ou sufragando algún dos seus programas ou actividades.  Lei de IvaLei de Mecenazgo.
  • Colaborador: Podes colaborar con Xoga como persoa física ou xurídica axudando ó mantemento da nosa Organización e ó desenvolvemento de distintos programas co teu saber, boa disposición ou con recursos materiais ou económicos.
  • Voluntario: O equipo de voluntarias e voluntarios de Xoga funciona baixo a premisa do compromiso, formación previa e seriedade para dispor dunha rede flexible ó mesmo tempo que estable e sólida para ofrecer ás nosas usuarias e usuarios os mellores servizos e actividades. Nós ocupámonos de impartir formación específica para que a labor de voluntariado sexa adecuada. Se tendes inquietudes de servizo ós demais, coñeces e te identificas coa comunidade sensorial e dispós de tempo, estás no lugar adecuado. Lei Voluntariado | Lei Voluntariado de Galicia.