Capaz coa discapacidade

Promove a inclusión social das persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e con xordocegueira) e a súa potenciación, facilitando as condicións para mellorar a accesibilidade a calquera evento ou actividade. Tamén sensibiliza á sociedade sobre a problemática que sofremos o colectivo. Este programa inclúe servizos de intérprete e guiaintérprete, servizo de mediación, servizo de atención e asesoramento, servizo de acompañamento, así como logopedia e optometría.