Filosofía de traballo

Coa intención de pór en práctica os seus obxectivos fundacionais, Xoga márcase como obxectivo principal a dinamización dun espazo de encontro para a Comunidade Sensorial en particular e a sociedade en xeral.  De diferentes xeitos?

  • Promovendo actividades socioculturais, deportivas, lúdicas, etc..
  • Organizando cursos, seminarios, conferencias e actos análogos.
  • Recollendo material informativo e documental sobre a Comunidade Sensorial en calquera soporte impreso, informativo e/ou audiovisual, e fomentando a elaboración de boletíns, xornais, guías, etc., que faciliten a consecución dos fins previstos nos seus Estatutos.
  • Deseñando e executando cantas accións ou actividades sexan precisas para conseguir a participación dos asociados ou destinatarios.
  • Orientando e asesorando a cantas persoas físicas se interesen en cuestións relacionadas coa Comunidade Sensorial.