Optometría

Trata a perda da agudeza visual ou de campo de visión a través da rehabilitación do sistema visual para persoas con baixa visión.

Aínda que descoñecida, a Optometría forma parte da titulación sanitaria de Oftalmoloxía e céntrase no funcionamento físico do aparato visor. É dicir, traballa na detección, prevención e solución, entre outros eidos, da reeducación e rehabilitación ocular ou da instrumentación optométrica da baixa visión.

Os profesionais optometristas de Xoga centran a súa labor en mellorar a calidade de vida da/o paciente aproveitando ao máximo os seus restos visuais e mediante o emprego de distintas ferramentas: tratan de que a/o paciente obteña o máximo rendemento visual co mínimo esforzo a través de estratexias coma modificación dos contornos de traballo, ocio ou aprendizaxe, o  uso de lupas, lentes ou lentes de contacto, ás novas tecnoloxías.

O obxectivo final é aproveitar e potenciar ó máximo os restos visuais das persoas con baixa visión.