A ORGANIZACIÓN

Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

Xoga é unha entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro, independente de partidos políticos, confesións relixiosas e organizacións sindicais que se rexe polos principios democráticos, como ferramenta válida para a representación dos intereses das persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordocegueira), das súas familias e profesionais en tódolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución para ofertar unha serie de servizos e actividades inclusivas ás persoas con diversidade sensorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación

Ofrecemos os recursos e a formación necesaria para que calquera interesado poida formarse en igualdade de condicións.