Mediación

Somos unha ponte de comunicación entre as persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordocegueira) e as persoas oíntes. Resolvemos posibles conflitos ou barreiras entre ámbalas partes de forma consensuada, para que tódalas persoas saian gañando.

A mediación ten como fin a inclusión das persoas con dificultades na comunicación, na linguaxe ou na fala a través tanto da lingua de signos como doutros sistemas alternativos e de apoio á comunicación oral, dependendo sempre das necesidades das usuarias e usuarios e tendo en conta cal é a súa situación persoal e o seu entorno comunicativo.

Para Xoga é fundamental previr situacións de illamento e indefensión por falta de acceso á información. Na organización tratamos de fomentar e implementar a participación das persoas en risco de illamento ou exclusión social en actividades tanto formativas como culturais, de ocio ou tempo libre, etc. Así mesmo orientamos ás nosas usuarias e  usuarios nalgunhas xestións da vida cotiá promovendo a súa independencia e potenciación.